jueves, 21 de febrero de 2008

contrato para o esquecemento

Contrato nº 16

Contrato para o esquecemento

Quizais ten sentido apelar a responsabilidade dos artistas e calquera productor de imaxe; así como os usuarios, espectadores e receptores , para que fagan un uso consciente das imaxes que colonizan a nosa memoria e a nosa mirada.

Para subraiar ese compromiso asínase este contrato, para facer un uso consciente da memoria e e as imaxes que o habitan.


Eu, Silvia Garcia González residente en Brión ( A Coruña) asino o presente documento, no que se concede ó usuario abaixo indicado ó dereito a manipulación artística do obxeto do contrato, que consiste no seguinte:


O usuario indicado no ponto 3º comprométese a escoitar con atención a proposta artística descrita pola parte contratante do ponto 1º, proposta que so será narrada unha única vez ante o usuario elexido; esta proposta non será materializada nunca, nin será descrita a calquera outra persoa en ningún caso.


O usuario____________________________________comprométese a escoitar con atención a proposta artística, e tamén se compromete a esquecela no periodo máximo dun mes. O incumprimento deste ponto suporá a anulación automática do presente contrato, e para que así conste asinan os interesados:

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2008

Silvia García González

O usuario

lunes, 18 de febrero de 2008

comezando

Exposición na biblioteca da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago.

na Praza de Mazarelos do 22 febrero o 28 de marzo de 2008

Esta exposición cobra sentido no lugar de estudo, no lugar de re-elaboración. Propoñendolle ó espectador que escolla a través dos posibles fíos de lectura, a través dos diagramas e das imaxes.
A cidade aparécenos coma palimsesto, como capas de memorias persoais, coma inmenso arquivo.

O día de apertura da exposición terá lugar na entrada da bilioteca (no espazo amplo que hai o baixar as escaleiras) outro proxecto chamado: Contratos para o esquecemento,
Un proxecto no que a cada participante se lle describe unha obra de arte “persoal e intrasferible” pensada para esa persoa e que nunca será realizada. Mediante a sinatura dun documento o participante comprométese a esquecer esa “obra descrita” no periodo dun mes. A única pegada de ese compromiso é o papel asinado.

As persoas que desexen participan poden achegarse o propio venres 22 de febreiro entre as 19:00h e 21:00h da noite a entrada da bilioteca da Facultade de filosofía )

Colabora: Facultade de filosofía da USC.